Fallados os Concursos Escolares
do Museo de Pontevedra

A entrega de premios se realizarase o próximo día quince, xoves, ás seis da tarde, no Salón de Actos do edificio Fernández López do Museo

Actualizado 09/05/2008 11:31

museo de pontevedra

O xurado encargado de calificar os traballos presentados aos Concursos Escolares convocados polo Museo de Pontevedra para o presente curso, presidido por Teresa Pedrosa Silva, vicepresidenta da Deputación Provincial e presidenta executiva do Organismo Autónomo, concedeu os seguintes premios:

Concursos Alfredo García Alén. Obtivo o premio, consistente nunha viaxe de tipo cultural a centros de Galicia, o traballo “Medas e bardeiros”, realizado por alumnos de 4º curso de Primaria do CEIP Ponte Sampaio (Pontevedra), baixo a dirección da profesora María del Carmen Cid Cadavid.

O xurado acordou ter unha mención especial, concedendo un lote de libros para a biblioteca do centro, para o CEIP San Bartolomeu de Tremoedo (Vilanova de Arousa) polos traballos realizados sobre “As cantas dos nosos maiores” e “Adiviñas con ingredientes relacionados con comidas típicas do entroido” por alumnos de 4º curso de Primaria, baixo a dirección da profesora Begoña Montáns Pereira.

Concursos López Suárez – Castillejo. Resultou premiado cunha viaxe cultural o traballo “A anguía, un peixe misterioso”, elaborado por alumnos do terceiro ciclo de Primaria do CEIP Ponte Sampaio (Pontevedra), dirixidos pola profesora Sara García Fernández.

Tamén se fixo acredor a un premio especial dun lote de libros o CEIP San Bartolomeu de Tremoedo (Vilanova de Arousa) polo traballo sobre “A nosa riqueza vitivinícola”, realizado por todo o alumnado do centro.

Concursos Emilia Estévez Villaverde. Na modalidade de narrativa obtiveron os primeiros premios Marcos González Nanín, de primeiro ciclo do CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra, polo conto “Unha viaxe a través do tempo”, Lorena Durán Baeza, de segundo ciclo do mismo colexio, por “O rato de biblioteca”, e Celia Rosendo Piñón, de terceiro ciclo do CEP Riomaior de Vilaboa, por “A formiga aventureira”. Recaíron os accésits nos contos “Ana e a princesa”, de Uxía Lorenzo Figueroa, de primeiro ciclo do CEIP Vidal Portela de Pontevedra, “A dragoa Cleopatra”, de Iria Casal Solla, de segundo ciclo do CEP Riomaior de Vilaboa, e “Luns, martes, mércores…”, de María Preciosa Prado Díaz, de terceiro ciclo do CEIP San Vicente de Trasmañó (Redondela).

Na modalidade de poesía foron outorgados os primeros premios a Alejandro Estévez, de primeiro ciclo do CEP de Riomaior (Vilaboa), pola composición “O sol e a lúa”, Iván Couso Campos, por “Romance do xurelo e a sardiña”, de segundo ciclo do CEP Marcos da Portela, de Monte Porreiro (Pontevedra), e Vanesa Froiz Campos, por “Romance do lobo namorado”, de terceiro ciclo do mesmo colexio Marcos da Portela. Recairon os accésits nos poemas “O mar”, de Uxía Lorenzo Figueroa, de primeiro ciclo do CEIP Vidal Portela, “Tremoedo”, de Alba Santos Pérez, de segundo ciclo do CEIP San Bartolomeu de Tremoedo (Vilanova de Arousa), e “Hai un barquiño veleiro”, de Estefanía Collazo Val, de terceiro ciclo do CEIP Santo André de Xeve (Pontevedra).

Os alumnos premiados, ademais de recibir a cantidade de noventa euros polo premio e sesenta euros polo accésit, realizarán unha viaxe formativa ás casas museo de Valle-Inclán, en Vilanova de Arousa, e Rosalía de Castro, en Padrón.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra