Iníciase o ciclo de conferencias Casto Sampedro, a Sociedad Arqueológica de Pontevedra e a recuperación da tradición musical de Galicia

Actualizado 26/05/2008 11:15

museo de pontevedra

O luns 26 de maio, no Salón de Actos do edificio Fernández López, ás 19:30 horas comezará a conferencia a cargo de Xosé Carlos Valle Pérez, director do Museo, baixo o título A Sociedad Arqueológica de Pontevedra. Nela descubrirá diversos aspectos sobre esta institución precursora do que hoxe é o Museo de Pontevedra e o seu labor, facendo especial incidencia na colección documental que quedou depositada no museo, entre a que se atopan os orixinais que deron lugar á publicación do Cancionero Musical de Galicia.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra