Conferencia de Carlos Villanueva no ciclo de Casto Sampedro

Actualizado 27/05/2008 13:50

museo de pontevedra

Continúa o ciclo de conferencias adicadas a Casto Sampedro e a Sociedad Arqueológica de Pontevedra, no Salón de Actos do edificio Fernández López ás 19:30 h.

O martes 27 de maio tócalle o turno ó catedrático de Música da Universidade de Santiago de Compostela, Carlos Villanueva, que disertará sobre As reminiscencias pedrellianas no traballo musical de D. Casto Sampedro y Folgar.

Felipe Pedrell foi o primeiro músico que se encargou de estudar a música tradicional española. Tamén é o autor do Cancionero musical popular español (1922) que influíu nos posteriores estudos de etnomusicoloxía española, entre eles no traballo de Casto Sampedro.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra