30 de maio / 19:30 horas / edificio Fernández López

Programa do concerto do Cuarteto ANTARES:
o legado musical do Museo

Actualizado 28/05/2008 07:16

museo de pontevedra

  • PRIMEIRA PARTE
    • Juan Montes Capón (1840-1899)
      Rapsodia Galega (cuarteto para cordas)
          Adagio molto (alborada)
          Adagio
          Allegro moderato (muiñeira)
    • Antonio Iglesias Vilarelle (1891-1971)
      Chucurruchú (suite para frauta e instrumentos de arco)
          Alborada
          Corpo Santo
          Despedida
  • SEGUNDA PARTE
    • Eduardo Rodríguez Losada (1886-1973)
      Cuarteto de corda en La M
          Moderato
          Adagio
          Allegro
          Allegro


Cuarteto Antares
O cuarteto Antares xorde do afán dun grupo de músicos profesionais de Galicia por difundir o repertorio destinado a esta agrupación musical. Os seus membros, exercen como profesores en diversos centros da nosa Comunidade, e posúen unha ampla formación, tendo estudado cos máis recoñecidos mestres e instrumentistas do panorama musical nacional e estranxeiro, entre os que destacan Ara Malikian, Asier Polo, Alan Kovacs, María de Macedos, Serguei Fatkouline ou Manuel Guillén. O repertorio do Cuarteto Antares inclúe dende músicos do século XVIII ata os nosos días, facendo especial fincapé nas pezas e estilos nacionais dos últimos 150 anos.

  • Violín I, DAVID VEIGA
  • Violín II, SILVIA MARTÍNEZ
  • Viola, PABLO FERNÁNDEZ
  • Violonchelo, JOKIN GARMENDIA
  • Frauta invitado, FRANCISCO SEOANE
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra