Conferencia de Xavier Groba dentro do ciclo Casto Sampedro, a Sociedad Arqueológica e a recuperación da tradición musical de Galicia Actualizado 29/05/2008 16:00 museo de pontevedra O xoves 29 de maio, o etnomusicólogo Xavier Groba pronunciará a última conferencia do ciclo co título Procedencia e autoría das transcricións musicais editadas no Cancionero Musical de Galicia. O venres pecharase o seminario cun concerto a cargo do Cuarteto Antares que interpretará un programa integrado por obras de autores galegos presentes no arquivo musical do Museo. |
|
© Copyright 2004 - 2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. Pasantería, 2-12 - 36002 Pontevedra ES - Teléfono: +34 986 80 41 00 arriba | inicio | contactar | aviso legal |