Premios Novos Valores 2008

Actualizado 04/07/2008 01:27

museo de pontevedra

O xurado do certame artístico Novos Valores, da Deputación Provincial, vén de outorgar os premios correspondentes á edición de 2008, dotado con 6.000 euros por artista para ampliar os seus estudos artísticos. As súas obras, ademáis doutras corenta e dúas seleccionadas, exibiranse a partir do 31 de xullo ata o 7 de setembro, no primeiro andar do edificio Sarmiento.

Os autores premiados son Vanesa Castro López co seu video Los lolos mega mix, Tamara Feijoo Cid co debuxo Gabinete de curiosidades, José María Fernández Cárcamo cunha pintura sen título, Sonia Tourón Estévez coa fotografía Acción como cuadro conceptual, Juan Francisco Varela Martínez coa escultura Tótem e Eduardo Manuel Outeiro Ferreño, co seu cadro Los jardines, recibíu a bolsa José Fernández López.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra