Conclúe o obradoiro Para ser grumete navegando
a vela en embarcacións tradicionais

Actualizado 22/07/2008 07:22

museo de pontevedra

Unha xornada de navegación a vela en embarcacións tradicionais da asociación Os Galos de Bueu pechou, por terceiro ano consecutivo, o obradoiro Para ser grumete organizado polo Gabinete didáctico do Museo de Pontevedra.

Quedou pendente para despois do verán unha sesión dedicada a fragata Numancia e ao mariño pontevedrés Méndez Núñez, do que garda o Museo de Pontevedra moitos fondos que lle pertenceron. Procederase a continuación á entrega de diplomas aos asistentes.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra