O Museo acolle este sábado o concerto A la luz de los candelabros de Música en Compostela

O acto, de entrada libre, terá lugar ás 20 horas no Fernández López

Actualizado 22/08/2008 16:30

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra ofrecerá este sábado, día 23 de agosto, a partir das 20 horas, no salón de actos do edificio Fernández López, o concerto A la luz de los candelabros, que tradicionalmente ofrecen cada ano os alumnos asistentes ós Cursos Internacionais de Música en Compostela, dirixidos polo profesor Antonio Iglesias, celebrarase este sábado, día 23 de agosto, ás 20 horas, no salón de actos do edificio Fernández López, con entrada libre.

Na súa cuadraxésimo novena edición, o concerto correrá a cargo do coro José Filgueira Valverde, da clase de Polifonía que dirixe a profesora Carmen Cruz Simó.

  • PRIMEIRA PARTE
    • De dónde venís, amores, de Juan Vásquez (ca. 1500?1560)
    • En el campo florido, de Juan de Palomares (s. XVI)
    • Ora sus! Pues que ansí es, de Pedro de Escobar (ca. 1465?1535)
    • La justa, de Mateo Flecha, el Viejo (1481?1553)
  • SEGUNDA PARTE
    • Madrigalillo e Eco, de Tres canciones de amor (sobre textos de Federico García Lorca), de Manuel Oltra (1922)
    • Mediodía (do Poema coral del Atlántico), de Juan José Falcón Sanabria (1936)
    • Triste estaba el Rey David, de Joaquín Rodrigo (1901?1999)
    • 3 Cancións populares
      - Eres alta y delgada, segundo arranxos de Ángel Oliver (1937?2005)
      - El baile, segundo Eduardo Martínez Torner (1888?1955)
      - La sardana de les monges, tamén por arranxos de Enric Morera (1865?1942)
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra