Recital de Carlos Oroza

Actualizado 27/08/2008 07:40

museo de pontevedra

O xoves 28 de agosto, ás 21:30 horas, terá lugar nas ruínas de San Domingos un recital a cargo de Carlos Oroza con extractos da súa obra poética En el norte hay un mar que es más alto que el cielo. Este título forma parte da colección Tambo da Editorial da Deputación de Pontevedra, unha colección orientada a publicar as obras de poetas xa asentados, cunha ampla traxectoria no campo da lírica.

Traducido ó inglés, ó portugués e ó galego, este libro foi editado por primeira vez pola Deputación de Pontevedra no ano 2000 e reeditado no ano 2005 despois dunha ampliación e revisión da obra polo propio autor. Pode considerarse como a versión definitiva do corpus central da súa dedicación de décadas á "alquimia da poesía".

Ó acto, que terá lugar nas ruínas de San Domingos de Pontevedra, asistirán o autor, Carlos Oroza, e máis o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal.

Con este recital a Deputación de Pontevedra pretende homenaxear a este xenial poeta, defensor da oralidade, coñecido precisamente pola interpretación e performance da súa propia obra.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra