O primeiro Laxeiro (1908-1942),
próxima exposición no museo

Actualizado 23/10/2008 18:30

museo de pontevedra

O 20 de novembro de 2008 inaugurarase, na sala de exposicións do novo edificio do Museo de Pontevedra, a mostra O primeiro Laxeiro (1908-1942) coa que esta entidade conmemora o centenario do nacemento do pintor lalinense.

A exposición estará aberta ó público, nos horarios habituais, ata o 11 de xaneiro de 2009 e estará composta por unha selección de case setenta das primeiras obras de José Otero Abeledo.

Do 10 ó 12 de decembro de 2008 terá lugar un seminario complementario da exposición para o que se está tramitando a concesión dun crédito de libre elección pola Universidade de Vigo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra