Primeira conferencia do VII Memorial Filgueira Valverde

Actualizado 28/10/2008 15:00

museo de pontevedra

Ás oito do serán do martes 28 de outubro, no salón de actos do edificio Fernández López, desenvolverase a conferencia de Juan Ignacio Ruiz de la Peña titulada Alfonso VI e a peregrinación a Santiago.

Juan Ignacio Ruiz de la Peña y Solar naceu en Oviedo en 1941. Estudou Dereito e Filosofía e Letras na universidade desta cidade, doutourándose en leis en 1967 con premio extraordinario. Foi profesor axudante na cátedra de Historia do Dereito (1963-1966) para despois ser parte do departamento de Historia Medieval da Universidade de Oviedo. Ten publicado numerosos traballos e libros sobre a Historia altomedieval asturiana e ovetense. Foi parte do elenco de autores que confeccionaron a Gran Enciclopedia Asturiana. É membro do Real Instituto de Estudios Asturianos (RIDEA) e colaborador habitual do seu boletín. O 27 de febrero de 2008 foi nomeado director do RIDEA, en substitución de José Luis Pérez de Castro.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra