Conferencia de Linage Conde, segunda do VII Memorial Filgueira Valverde

Actualizado 29/10/2008 08:30

museo de pontevedra

Antonio Linage Conde naceu en Sepúlveda o 9 de outubro de 1931. Cursou en Madrid a carreira de Dereito. Ós 23 anos converteuse no notario máis novo de España. Estudou despois Filosofía e Letras na Universidade de Valencia. A súa tese de doutoramento titulouse Los orígenes de los benedictinos en España, preámbulo da súa magna obra, recollida en sete tomos, Historia general de los benedictinos.

A bibliografía de Linage Conde complétase cuns trinta libros e arredor de medio millar de artigos relacionados coa historia medieval.

Este mércores disertará sobre O monacato en Galicia en tempos de Alfonso VI, na conferencia que terá lugar, como é habitual, no salón de actos do edificio Fernández López, ás 20 horas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra