Terceira conferencia do VII Memorial Filgueira Valverde. Alfonso VI e Galicia: territorio e poder

Actualizado 03/11/2008 10:55

museo de pontevedra

O martes 4 de novembro, á hora habitual das oito da tarde, no salón de actos do edificio Fernández López, terá lugar esta conferencia, a cargo do Dr. Ermelindo Portela Silva.

Ermelindo Portela Silva, nacido en A Garda en 1947, é licenciado con grao en Filosofía e Letras. Tras os seus estudos incorpórase en 1970 ao Departamento de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela. Doutórase en Historia en 1975. En 1978 é profesor adxunto de Historia Medieval en Santiago, en 1981 de Extremadura e en 1982, catedrático tamén en Santiago.

É autor ou coautor, entre outros, dos seguintes libros

  • La región del obispado de Tuy en los siglos XII a XV. Una sociedad en la expansión y en la crisis (1976)
  • La colonización cisterciense en Galicia (1981)
  • La introducción del Císter en España y Portugal (1991)
  • La idea y el sentimiento de la muerte en la historia y en el arte de la Edad Media (1992)
  • De Galicia en la Edad Media. Sociedad, Espacio y Poder (1993)
  • Antroponimia y sociedad. Sistemas de identificación hispano-cristianos en los siglos IX al XIII (1995)

Publicou, ademais, unha longa serie de artigos en revistas científicas e actas de congresos nacionais e internacionais, dos que o principal fío condutor é a exploración, preferentemente no marco de Galicia, da historia social nos séculos centrais da Idade Media.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra