Última conferencia do VII Memorial Filgueira Valverde, a cargo do director do Museo, o mércores 5 de novembro

Actualizado 04/11/2008 08:13

museo de pontevedra

No lugar e hora de costume, Carlos Valle disertará sobre a Arte e a Arquitectura en tempos de Alfonso VI. O xoves clausurarase o Memorial cun concerto de música medieval na igrexa conventual de Santa Clara, ás 20 horas.

Xosé Carlos Valle Pérez nace en Pontevedra o 25 de novembro de 1953. É licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (1975) e doutor na mesma especialidade e universidade. Dende 1986 é director do Museo de Pontevedra.

Comisario, entre outras, das Exposicións: Santiago de Compostela: 1000 años de Peregrinación Europea (Encadrada no marco de Europalia-85-85 e celebrada en Gante-Bélxica); O Pórtico da Gloria e ou seu tempo (Santiago, 1988); Galicia no Tempo (Santiago, 1991); Imaxes da Arte en Galicia (Lisboa, 1991); Bienal de Arte de Pontevedra (Diversas edicións); O Camiño de Santiago dende o aire (A Coruña, 1993); Do Tardogótico ó Manierismo: As relacións artísticas entre Galicia e Portugal (A Coruña, 1995) Arturo Souto (A Coruña, 1997) Arte del Císter en Portugal e Galicia (Lisboa, 1998 - A Coruña, 1999)

É membro de diversos organismos científicos, entre eles no Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos, o Centre Européen de Recherches sur les Congrégations et Ordres Religieux (CERCOR), o Centro de Estudios Jacobeos e o Instituto Cultural Galaico-Minhoto. Deu numerosas conferencias, tanto en España como no estranxeiro. Participou en numerosas publicacións sobre temas da súa especialidade.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra