Visitas guiadas na exposición
O primeiro Laxeiro (1908-1942)

Actualizado 30/11/2008 06:32

museo de pontevedra

A partir do martes 2 de decembro comezará o servizo de visitas guiadas, de carácter gratuíto, atendido polo Gabinete Didáctico do propio museo. Poden participar nelas calquera colectivo que o desexe, así como todos aqueles visitantes que o queiran facer de xeito individual.

Realizaranse visitas guiadas coas persoas que se reúnan no novo edificio do museo, para ver a exposición, ás 18:15 e 19:30 horas.

Os visitantes colectivos poden asistir a calquera hora dentro do horario de apertura ao público do Museo concertando a cita co Gabinete Didáctico por correo electrónico á seguinte dirección: gabinetedidactico@museo.depontevedra.es ou nos teléfonos 986843238 e 986851455.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra