Museo de Pontevedra, 10, 11 e 12 de decembro de 2008

Seminario O primeiro Laxeiro e a arte do seu tempo: Europa, España, Galicia

Actualizado 03/12/2008 08:51

museo de pontevedra

Este seminario é complemento da mostra O primeiro Laxeiro (1908-1942), que será clausurada o 11 de xaneiro de 2009, e ten como obxectivos principais analizar con detalle o contexto xeral no que se enmarca o arranque do proceso creativo de Laxeiro, ponderando as influencias ou as suxestións foráneas que a súa obra recibe. En segundo lugar, quer ofrecer un estado da cuestión sobre a realidade da arte galega, na que se combinan tradición e modernidade, durante estes anos.

Por outra banda, pretende remarcar o papel preponderante de Pontevedra, mercé á política de pensións para novos creadores promovida pola Deputación Provincial, no proceso de renovación da plástica galega durante os anos vinte e trinta da pasada centuria, anos nos que se produce en esencia a eclosión do "primeiro Laxeiro".

Por último, examina monograficamente a produción dos grandes pintores pontevedreses coetáneos de Laxeiro (Maside, Torres, Colmeiro e Souto) todos receptores, coma el, de pensións da Deputacións Provincial de Pontevedra para a ampliación dos seus estudos artísticos.

Aos asistentes a este simposio concederáselle un crédito de libre elección pola Universidade de Vigo, para o que deberán inscribirse previamente.


PROGRAMA

  • 10 de decembro de 2008
    • 16:00 h. Inscrición
    • 17:00 h. Inauguración
    • 17:15 h. Conferencia
      Notas sobre a arte europea de entreguerras
      TOMÁS LLORÉNS, historiador da Arte
    • 18:15 h. Conferencia
      Entre a monarquía e a posguerra: a paisaxe artística española
      MIGUEL FERNÁNDEZ-CID, escritor e crítico de arte
    • 19:15 h. Coloquio
    • 20:15 h. Visita á exposición O primeiro Laxeiro (1908-1942)
  • 11 de decembro de 2008
    • 10:00 h. Conferencia
      A arquitectura en Galicia en tempos do primeiro Laxeiro
      ANTONIO GARRIDO MORENO, Universidade de Santiago de Compostela
    • 11:00 h. Conferencia
      A escultura en Galicia en tempos do primeiro Laxeiro
      JUAN M. MONTERROSO MONTERO, Universidade de Santiago de Compostela
    • 12:00 h. Descanso
    • 12:15 h. Conferencia
      A pintura en Galicia en tempos do primeiro Laxeiro
      JOSÉ MANUEL B. LÓPEZ VÁZQUEZ, Universidade de Santiago de Compostela
    • 13:15 h. Coloquio
    • 17:00 h. Conferencia
      A ilustración gráfica en Galicia en tempos do primeiro Laxeiro
      MERCEDES BANGUESES VÁZQUEZ, doutora en Historia da Arte
    • 18:00 h. Conferencia
      A fotografía en Galicia en tempos do primeiro Laxeiro
      XOSÉ LUIS SUÁREZ CANAL, Centro de Estudos Fotográficos
    • 19:00 h. Descanso
    • 19:15 h. Conferencia
      Pontevedra en tempos do primeiro Laxeiro: Sociedade, Arte e Cultura
      XOSÉ CARLOS VALLE PÉREZ, Museo de Pontevedra
    • 20:15 h. Coloquio
  • 12 de decembro de 2008
    • 10:00 h. Conferencia
      Carlos Maside
      ROSALÍA PAZO MASIDE, escritora e artista
    • 11:00 h. Conferencia
      Manuel Torres
      FERNANDO M. VILANOVA, doutor en Historia da Arte ? Belas Artes
    • 12:00 h. Descanso
    • 12:15 h. Conferencia
      Manuel Colmeiro
      CARLOS LÓPEZ BERNÁRDEZ, historiador da Arte
    • 13:15 h. Coloquio
    • 17:00 h. Conferencia
      Arturo Souto
      Mª. LUISA SOBRINO MANZANARES, Universidade de Santiago de Compostela
    • 18:00 h. Conferencia
      Laxeiro
      XOSÉ ANTÓN CASTRO FERNÁNDEZ, Instituto do Patrimonio Cultural de España
    • 19:00 h. Coloquio
    • 20:00 h. Clausura
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra