O Museo de Pontevedra acollerá este vernes o tradicional concerto da Despedida da Panxoliña

Actualizado 07/01/2009 06:17

museo de pontevedra

O tradicional concerto da Despedida da Panxoliña, que desde hai cincuenta e un anos ven organizando o Museo de Pontevedra, organismo autónomo da Deputación Provincial, celebrarase o vindeiro día 9, venres, ás 20:30 horas da tarde.

Con entrada libre, terá como marco a igrexa parroquial de San Bartolomé e estará a cargo do coro dos ex-cantores do Instituto de Pontevedra, dirixidos por José Verea Montero, que ofrecerán un amplo e selecto programa de música de Nadal, integrado polas seguintes composicións: Le message des anges, tradicional francés, do século XIII, armonizado por Agustín Isorna; Gloria in caelo, Lauda italiana do século XIII, armonizada por Agustín Isorna; In dulci jubilo, Canon inglés do século XV; No la debemos dormir, do Cancioneiro de Upsala, de Fr. Ambrosio de Montesino, del siglo XVI; Más vale trocar, de Juan del Encina (1468-1529); Es ist ein ros entsprungen, de Michael Praetorius (1571-1621); Jesus Christ is born, espiritual negro, de N. Dett (1882-1943); No seio da Virge Mai, Nadal de Elvas (Portugal), armonizado por Sampaiao Ribeiro; O bon rei Don Wenceslao, tradicional inglés, armonizado por Sir Malcolm Sargent; Deitadiño está nas pallas, tradicional portugués, armonizado por Agustí Isorna; Un paxariño en Belén, de Manuela Verea; A palmeira, de José Verea; Adeste fideles, popular del século XVIII, de John Reading, armonizado por Agustín Isorna; Stille nacht, de Franz Gruber (1787-1865); O tannenbau, tradicional alemán, armonizado por Agustín Isorna, e Benedicat vobis, de Georg Friedrich Haëndel (1685-1750).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra