Concerto de premiados do XI Concurso Peninsular de Piano do Real Club Náutico de Vigo

Actualizado 07/01/2009 07:28

museo de pontevedra

O sábado, 10 de xaneiro, terá lugar o Concerto de Premiados do XI Concurso Peninsular de Piano do Real Club Náutico de Vigo que, ás 20 horas da tarde, acollerá o edificio Fernández López do Museo de Pontevedra.

Dividido en dúas partes, contará coa presenza dos galardoados:

  • Bárbara Dias Luis, Premio Honorífico Categoría Infantil que interpretará Invención a 2 voces en Si m, de J.S. Bach (1685-1750), 1º movemento da Sonata Kv 283, de W.A.Mozart (1756-1791), preludio da Suite Bergamasque, de C. Debussy (1862-1918)
  • Joan Grudikov Grudev, Premio Honorífico Categoría Infantil, coas obras Minueto nº 20 "Album de ana Magdalena" , de J.S. Bach (1685-1750); Estudo nº 2 "Arabescos", de A.J.Burgmüller (1810-1836); Movemento perpetuo, de Juan Durán (1960).
  • María Perez Fernández, Premio Honorífico Categoría Infantil, que interpretará 1º e 3º movemento da Sonatina nº 1, op. 13, de D.B. Kabalevsky (1904-87) e Sacromonte, de J. Turina (1882-1949)
  • Ani Poghosyan, Premio Honorífico Categoría Infantil, coa sobras Vals op. 69, de F. Chopin (1810-1849) e Tango, de I. Albéniz (1860-1909)
  • Nuno Miguel Vale Ventura de Sousa, Premio Honorífico Categoría Infantil, Improntu op. 90, nº 2, de F. Schubert (1797-1828) e Farruca, de M. de Falla (1876-1946)
  • Francisco Freire Reis, I Premio Categoría Juvenil, que interpretará Preludio e Fuga nº 3 Do# M, vol. I, Cravo ben temperado, de J.S. Bach (1685-1750); Estudo nº1, op. 10, de F. Chopin (1810-1849) e El Puerto, de I. Albéniz (1860-1909)
  • Por último, na segunda parte do concerto, Ramón Grau Perales, I Premio Categoría Senior, interpretando Improntu nº 3, de F. Chopin (1810-1849); Concerto para Piano e Orquestra nº 21 Do M, de W. A. Mozart (1756-1791) e Ensemble Vigo 430 (Director: Alejandro Garrido): I Allegro Maestoso, II Andante, III Allegro Vivace
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra