Presentación do libro El alabastro a través del tiempo. Colección Jaime Trigo no Museo

Actualizado 20/01/2009 13:35

museo de pontevedra

O xoves 22 de xaneiro ás oito do serán, no salón de actos do edificio Fernández López do Museo de Pontevedra, presentarase o libro El alabastro a través del tiempo. Colección Jaime Trigo, no que se recollen as trescentas pezas deste material que ó longo de trinta e oito anos foi reunindo este anticuario quen foi seleccionando, con gran acerto, tallas procedentes do mercado nacional e internacional, mercadas en diversos países de Europa e América.

O conxunto de relevos e figuras exentas da colección é único no que atinxe á diversidade de estilos e escolas. Cabe destacar a presenza de pezas inglesas, de Nottimgham, desde o século XIV, esculturas de variadas iconografías inspiradas en abundantes fontes literarias , e no antigo e novo testamento, nos evanxeos apócrifos; esculturas das escolas francés e holandesa, do barroco portugués, Virxes de Trapani, escultura española do século XVI, colonial e italiana que expresan o gusto e entendemento na materia do coleccionista.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra