Ciclo de conferencias sobre o Entroido

Actualizado 10/02/2009 03:08

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra organiza un ciclo de conferencias sobre o Entroido que se celebrará os días 11 e 12 de febreiro no salón de actos do edificio Fernández López ás oito da tarde.

O día 11, mércores, intervirá José Fuentes Alende, secretario técnico do Museo e investigador no eido da Antropoloxía Cultural en Galicia, coa súa conferencia que versará sobre O Entroido na bisbarra de Pontevedra.

O xoves 12 será o museólogo e etnógrafo Felipe Senén López Gómez, quen falará de O Entroido en Galicia: máscaras, ritos e símbolos.

Como en todos os actos que se celebran no Museo, a entrada é libre.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra