Concerto de piano a cargo de Mario Prisuelos

Actualizado 16/02/2009 14:05

museo de pontevedra

O 19 de febreiro, xoves, ás oito do serán, o pianista Mario Prisuelos ofrecerá un concerto no salón de actos do edificio Fernández López. O programa inclúe música de compositores españois desde o Barroco ata a actualidade.

Nace en Madrid, cidade na que comeza os seus estudos musicais cos profesores Javier Alonso e Miguel Grande. Logo dos seus estudos en España, trasládase a Austria para traballar co profesor Leonid Brumberg e conclúe posteriormente a súa formación baixo a dirección do mestre Humberto Quagliata, continuando así a gran tradición pianística de celebridades coma Alfred Cortot, Arthur Rubinstein e Claudio Arrau. Recibe de forma paralela os consellos de Phillip Dyson, Andrzej Jasinski e Alicia de Larrocha.

Mario Prisuelos é invitado frecuentemente en festivais internacionais coma os de Milán ou o Festival de Piano de Feuchtwangen dentro do aclamado Musikzauber Franken en Alemaña.

Recentemente viaxou por diversos países de Centroamérica dando concertos e masterclasses.

Durante a temporada 2003/04, ofrece unha serie de recitais por diversas capitais europeas baixo o título de «? de Bach a Khachaturian» que comeza en Italia e remata no Duke´s Hall de Londres. Esta serie de recitais quedou rexistrada en CD co concerto gravado en directo na Fundación Juan March e producido baixo o selo Sonoris. Este CD foi emitido por Radio Clásica de Radio Nacional de España.

Sendo moi novo preséntase como solista de orquestra coa Orquesta Sinfónica Chamartín, interpretando o concerto nº. 23 de Mozart, e dende entón é habitual a súa colaboración tanto con orquestras coma con grupos de cámara. Destaca neste último apartado a súa actividade camerística, coa que desenvolve unha intensa actividade de difusión da música contemporánea.

No 2001 debuta en Viena, no Ehrbar-Saal.

Así mesmo acaba de saír ao mercado o seu último CD baixo o selo discográfico Verso co título «Música Española para piano: del Barroco al presente». O repertorio deste CD será presentado na temporada 2009/10 no emblemático Carnegie Hall de Nova York.

Entre os seus proxectos inmediatos figuran os seus compromisos en Zagreb, unha serie de concertos por Croacia e Eslovenia, París, Roma e México, e a súa posterior presentación coa versión integral de Goyescas de E. Granados en salas de Gran Bretaña, Francia, Polonia e os Estados Unidos.


PROGRAMA
A Música Española do Barroco ao presente

  • A. SOLER (1729-1783)
    - Sonata en Re menor SR 104
    - Sonata en Re mayor SR 84
  • M. ADALID (1826-1881)
    - Balada op. 29 en Si mayor «La noche»
  • I. ALBÉNIZ (1860-1909)
    - Asturias (Leyenda) da Suite Española
  • E. GRANADOS (1876-1916)
    - Quejas o La maja y el ruiseñor (Goyescas)
  • M. FALLA (1876-1946)
    - Serenata Andaluza
  • J. TURINA (1882-1949)
    - Orgía (Danzas fantásticas)
  • F. MOMPOU (1893-1987)
    - 2 Impresiones íntimas
    - Pájaro triste ? Secreto
  • TOMÁS MARCO (1942)
    - Soleá
  • MARIO CARRO (1979)
    - Invernal (Canto ? movemento ? coral ? marcha ? coda)
  • CONSUELO DÍEZ (1958)
    - Cartas a la Oscuridad
    - Allegretto ? Allegro ? Andantino ? Presto

O programa desenvolverase sen intervalo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra