Para ser grumete

Actualizado 02/03/2009 07:26

museo de pontevedra

Ábrese o prazo de inscrición para participar no obradoiro Para ser grumete convocado por cuarto ano consecutivo polo Museo de Pontevedra.

O obradoiro Para ser grumete é un curso activo orientado a persoas de calquera profesión ou nivel de estudos interesadas en realizar actividades relacionadas co mundo das descubertas e viaxes oceánicas (séculos XV-XIX), cos mariños que participaron nelas, cos instrumentos de navegación utilizados, cos tipos de barcos que as protagonizaron e coa terminoloxía náutica empregada naquel tempo.

Consta de doce sesións de dúas horas, a razón dunha sesión por semana que se desenvolverá a partir do 12 de marzo tódolos xoves de cinco a sete do serán.

Como complemento a esta actividade celebrada no museo, para aqueles asistentes que o desexen, realizarase unha práctica de navegación a vela nas embarcacións tradicionais da Asociación Os Galos de Bueu.

As persoas que desexen participar ou recibir máis información sobre esta actividade gratuíta de carácter divulgativo poderán contactar co Gabinete Didáctico no propio museo, na dirección de correo electrónico gabinetedidactico@museo.depontevedra.es ou por teléfono (986843238 - 986651455)

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra