07.08.2010. Concerto A la luz de los candelabros
Un ano máis dentro dos cursos de Música en Compostela, o Museo acollerá o concerto A la luz de los candelabros, que terá lugar o vindeiro sábado, 7 de agosto ás oito do serán no edificio Fernández López.

Actualizado 07/08/2010 10:38

museo de pontevedra

Abrirá a primeira parte do concerto Yuram Ruíz García, da clase de violonchelo dirixida polo profesor Asier Polo, que interpretará o intermezzo Goyescas, de Enric Granados e Gaspar Cassadó, co acompañamento ao piano de José Gallego. A continuación, Filip Tomic, da mesma clase e tamén acompañado por José Gallego, ofrecerá Requiebros, de Gaspar Cassadó.

Pechará a primeira parte a soprano Celia Rodríguez Morán, da clase de canto que imparte a profesora Isabel Penagos, que, acompañada ao piano por Jesús de los Ríos, interpretará as composicións Aureana do Sil, de Fréderic Mompou, Mañanita de San Juan, de Jesús Guridi, Canción de anillos y No por amor…, de Antón García Abril, e En un país de fábula (de La Tabernera del Puerto), de Pablo Sorozábal.

A segunda parte estará a cargo do coro Filgueira Valverde, da clase de Polifonía que imparte a profesora María del Carmen Cruz Simó, integrado por María Martínez Alvira, Nayra Medina González, Salvador Ortega Jiménez, Almudena López Jal-Ladi, Daniel Rodríguez Lorenzo, Melissa Mendoza González, Germán González Gómez, Antonio Florencio Fernández Lavid, Alexis Rozas Losada e David Barrera Delgado.

O coro Filgueira Valverde interpretará o seguinte repertorio: Oid, oid! (Madrigal II – 1ª parte), de Joan Brudieu; Popule meus e Quam pulchri sunt, de Tomás Luis de Victoria; De la dulce mi enemiga (Do Cancionero de Palacio), de Gabriel; ¿Qu’es de ti, desconsolado? e Cucú, de Juan del Encina; Madrigal (texto de Pere Serafí, ca. 1506/10 -1567), de Cristóbal Taltabull (Cristófor), e as cancións populares españolas Límpiate con mi pañuelo (popular castelá), harmonizada por Nadal Puig, Eres alta y delgada (canto de romería), harmonizada por Jaime Padrós, e Boleras sevillanas (popular andaluza), segundo a harmonización de E. Fábrez.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra