Inauguración da exposición Donación García Viñolas. Colecciones FUNDACIÓN MAPFRE

Actualizado 30/03/2009 18:42

museo de pontevedra

FUNDACIÓN MAPFRE e o Museo de Pontevedra inauguran o mércores, 1 de abril ás oito do serán, a exposición Donación García Viñolas. Colecciones FUNDACIÓN MAPFRE, que poderá verse ata o 17 de maio na sala de exposicións temporais do novo edificio do museo pontevedrés (C/ Padre Amoedo, s/n).

No ano 2002, Manuel García Viñolas doou a FUNDACIÓN MAPFRE a colección de debuxos que agora se presenta; como mostra de agradecemento e consideración, a Fundación instituíu co seu nome unha importante Axuda para a catalogación e conservación de coleccións iberoamericanas de debuxos.

A exposición presenta un selección 57 obras dos 160 debuxos que forman parte desta magnífica colección que, fundamentalmente circunscrita a debuxos de artistas españois, percorre unha parte importante da arte española dende finais do século XIX ata mediados do século XX, entre os que destacan nomes como Rafael Alberti, Mariano Fortuny, Carmen Laffón ou Juan Barjola, entre outros.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra