Concerto de Semana Santa a cargo da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra

Actualizado 03/04/2009 09:00

museo de pontevedra

O tradicional concerto de Semana Santa que organiza o Museo de Pontevedra, organismo autónomo da Deputación, celebrarase o próximo luns, día seis de abril, ás oito e media do serán, na igrexa parroquial de San Bartolomé, con entrada libre.

Estará a cargo da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra, que, baixo a dirección de Marlene Armentero Cutiño, interpretará o seguinte repertorio:

PROGRAMA

  • Regina Coeli, A. LOTTI (c. 1667-1740)
  • Ave verum corpus, W. A. MOZART (1756-1791)
  • Crux Fidelis, JOÃO IV DE PORTUGAL (1604-1666)
  • Ave María, TOMÁS LUIS DE VICTORIA (1540-1611)
  • O sacrum convivium, LUDOVICO DE VIADANA (1564-1627)
  • Ecce quomodo moritur, J. HANDL (1550-1591)
  • Exultate iusti, LUDOVICO DE VIADANA (1564-1627)
  • Jesu dulcis memoria, TOMÁS LUIS DE VICTORIA (1540-1611)
  • Tenebrae factae sunt, J. MICHAEL HAYDN (1737-1806)
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra