Novo concerto incluído no ciclo Espazos Sonoros. Música en espazos de interese cultural, organizado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura

Actualizado 08/05/2009 20:15

museo de pontevedra

O sábado, día nove, ás oito da tarde, o dúo Galicia XXI, formado por Diego García, piano, e Luis Soto, frauta travesera, interpretarán música de cinco compositores galegos, algunhas de cuxas obras son estreas absolutas ou serán tocadas por primeira vez en Galicia, programa que será complementado cunha proxección de fotos, datos biográficos e reflexións dos compositores durante a interpretación das súas respectivas obras.

O proxecto Galicia XXI naceu coa idea de recompilar o repertorio para frauta e piano creado por compositores galegos de diferentes épocas e estilos, expoñendo a obra a un público que, ata o momento, non tivera a oportunidade de apreciala de xeito global.

O programa inclúe obras dos compositores galegos Fernando Buide del Real, Javier María López, Jorge Berdullas del Río, Julio Montero e Octavio Vázquez, así como do francés Edgar Varèse.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra