O domingo concerto do grupo de percusión do Conservatorio de Música Manuel Quiroga nas Ruínas de San Domingos

Actualizado 08/05/2009 20:16

museo de pontevedra

O espazo das Ruínas de San Domingos acollerá o próximo domingo, día dez, ás doce e media da mañá, e con entrada libre, un concerto organizado conxuntamente polo Museo de Pontevedra e o Conservatorio de Música Universitario Superior Manuel Quiroga, que estará cargo dos alumnos e alumnas de Percusión do Conservatorio.

Baixo o tema La percusión contemporánea coa historia, a aula de Percusión, cun amplo abano de posibilidades sonoras, pretende achegarnos ao mundo da percusión contemporánea cun repertorio baseado na composición sinfónica, na que instrumentos de láminas e parches darán vida a unha completa orquestración.

O repertorio que ofrecerá o grupo, formado por novos talentos con ampla experiencia en formacións deste tipo, baixo a dirección artística e musical do percusionista Juan Collazo, director de, entre outros, o Odaiko Percussión Group, será moi variado estilisticamente, interpretando obras dos americanos Ton e Thomas Gauger e da tradición musical de Brasil e de México, que van dende unha temática moi vangardista ata unha esencia tradicional de música percusiva, a samba e a música mexicana.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra