Le Petit cirque, de Laurent Bigot, nova actuación dentro do ciclo Espazos Sonoros, no novo edificio do Museo de Pontevedra o venres 15 e sábado 16 de maio, en dobre sesión

Actualizado 12/05/2009 11:48

museo de pontevedra

O teatro-circo sonoro de Laurent Bigot, actuará no sexto edificio do Museo ás 12 horas da mañá e ás oito do serán dos días 15 e 16 deste mes.

Le Petit Cirque ?é un obxecto sonoro complexo, feito de madeira, de plástico, de fíos, de resortes e de fraxilidade. Un soprido pode poñelo en vibración. Doce pequenos micros van sacar partido do seu corpo de múltiples recursos?. Le Petit Cirque é un circo. A súa manipulación é perigosa; o perigo da caída está sempre presente.

Trátase dun circo sonoro, de igual xeito que o teatro pode ser musical. Tamén é un teatro de obxectos.

Le Petit Cirque, totalmente elaborado con obxectos feitos a man, reutilizados e chismes barateiros, non se basea, xa que logo, no anecdótico. O son vai buscar as súas fontes nos datos escénicos.

A acción enriquece o son; o son altera a acción. Improvisación, azar dos mecanismos.

Teatro de obxectos sonoros, Le Petit Cirque fai evolucionar dúas lóxicas distintas que interfiren entre si: a estereotipada da imaxinería do circo, que modifica a percepción do tempo musical, e a dos sons, máis abstracta, que permite ver as situación teatrais desde un novo ángulo. As traxectorias do azar e dos movementos perpetuos, que transforman a escritura e alimentan a improvisación, son captadas simultaneamente desde diferentes ángulos sonoros e interpretadas en conxunto. Sáltase dun punto de vista ao outro; miramos unha situación cos oídos, coa epiderme, con ideas e asociacións de ideas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra