Inauguración da exposición Ruibal 1966/2008 o venres 29 de maio

Actualizado 28/05/2009 22:14

museo de pontevedra

Ás oito do serán do venres, día 29, será inaugurada na sala de exposicións temporais do novo edificio do Museo de Pontevedra a mostra Ruibal 1966/2008, na que se reúnen obras de coleccións particulares, institucións públicas e da colección do artista, organizada en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, baixo o comisariado de Tomás Paredes.

Na exposición resúmese, a través de máis de cen obras, a traxectoria artística de Manolo Ruibal, estruturada en tres apartados cronolóxicos.

A mostra permanecerá aberta ata o 5 de xullo co seguinte horario: de martes a venres, de 17h a 20:30h; os sábados, de 11h a 14h e de 17h a 20:30h, e os domingos e festivos, de 11h a 14h

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra