Comeza o horario de verán no Museo de Pontevedra

Actualizado 28/05/2009 22:18

museo de pontevedra

A partir do luns, día un de xuño, comezará a rexer no Museo de Pontevedra o horario de verán, que estará vixente ata o trinta de setembro.

As salas de exposición permanente estarán abertas ao público na seguinte franxa horaria: de martes a sábados, polas mañás de dez a dous e polas tardes de catro e media a oito e media, e os domingos e festivos só polas mañás, de once a dúas.

As Ruínas de San Domingos poderán visitarse de martes a venres, de dez e cuarto a dous menos cuarto, pola mañá, e de cinco menos cuarto a oito e cuarto, pola tarde, e os sábados unicamente pola mañá.

As exposicións temporais, que teñen como sede o novo edificio do Museo, estarán abertas de martes a venres entre as cinco e as oito e media da tarde, os sábados de once a dous e de cinco a oito e media, e os domingos e festivos de once a dous.

Pola súa banda, a consulta de fondos da biblioteca e dos arquivos gráfico e documental poderá realizarse de luns a venres en xornada de mañá, entre as nove e as dúas da tarde.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra