Mesa redonda Ruibal 1966/2008

Actualizado 26/06/2009 10:33

museo de pontevedra

O próximo 3 de xullo, venres, ás 20 horas, no Salón de Actos do sexto edificio do Museo de Pontevedra, celebrarase unha mesa redonda, que complementa á exposición antolóxica Ruibal 1966/2008, moderada polo director do Museo de Pontevedra, José Carlos Valle, e na que intervirán o propio artista, Manuel Ruibal, Xosé Antón Castro, Cristóbal Gabarrón, Francisco Moldes e Tomás Paredes, comisario da mostra.

Esta actividade está aberta a todo aquel que desexe participar nela

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra