Premiados Novos Valores 2009

Actualizado 09/07/2009 14:20

museo de pontevedra

O Xurado Seleccionador do certame de arte Novos Valores 2009 emitiu o fallo para adxudicar os seis premios por importe de seis mil euros (6.000 ?) cada un, previsto na base décima da convocatoria, de entre as obras seleccionadas

O Xurado está formado por:

  • Presidente: José Juan Durán Hermida, vicepresidente e presidente da Comisión Informativa de Cultura.
  • Vogais: Xosé Carlos Valle Pérez, director do Museo de Pontevedra, Juan Fernando de Laiglesia González de Peredo, catedrático da Facultade de Belas Artes; Carlos García Suárez Otero, presidente da Fundación Laxeiro, Javier Blanco Lado, director da Fundación Feima, Xurxo Alonso García, artista premiado no certame Novos Valores, e Mercedes Costas Fernández, funcionaria, en representación do Servizo de Cultura.
  • Secretario: Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura.

Despois dun detallado estudio e deliberación das obras seleccionadas, o xurado acordou por unanimidade premiar as seguintes obras:

  • MODALIDADE ESCULTURA
    Cosméticas del tiempo de Manuel Mas Martín-Cortés
  • MODALIDADE DEBUXO
    Illa de San Brandán (palimpsesto identitario) de Miguel Cuba Taboada
  • MODALIDADE PINTURA
    El Juancho y sus perros de Joseba Muruzábal Pérez
  • MODALIDADE AUDIOVISUAIS
    No está bien visto, perder el tiempo, perder, la vida de Miguel Ángel Núñez Martínez
  • MODALIDADE FOTOGRAFÍA
    Hombres de asfalto de Sheila Pazos Silva
  • PREMIO JOSÉ FERNÁNDEZ LÓPEZ DE PINTURA
    Señora Sapo de Iago Eireos Franco
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra