Obradoiros de verán para nenos

Actualizado 17/07/2009 10:51

museo de pontevedra

Este mes de agosto celebraranse no Museo de Pontevedra dous obradoiros dirixidos ós máis pequenos da casa. Para poder inscribirse, as persoas interesadas poderán poñerse en contacto co Gabinete Didáctico, xa sexa en persoa no propio museo, ou ben por teléfono nos números 986 851 455 ou 986 843 238. A inscrición pecharase cando se complete o número de asistentes previsto para cada un dos obradoiros.

RECONSTRUÍNDO O PASADO: SIMULACIÓN DE ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA

Este obradoiro didáctico quere fomentar nos nenos e nenas o interese por descubrir o pasado e en especial un dos modos de facelo: a escavación arqueolóxica.

Os participantes realizarán os diferentes pasos do traballo de campo e de gabinete propios dunha intervención arqueolóxica, dende a recollida do obxecto ata a exposición nunha vitrina coa súa información.

  • Destinatarios:
    - Nenos e nenas de 10 a 12 anos.
    - Grupo de 15 participantes.
  • Duración:
    - Oito días. Do 28 de xullo ao 7 de agosto
    - De martes a venres de 10 a 13 h


PINTA NO MUSEO

Con este obradoiro didáctico quérese que os nenos e nenas se introduzan, sobre todo, na técnica da pintura ao óleo pintando os seus propios lenzos a partir de obras do Museo seleccionadas en función das súas idades e capacidades.

Dedicarase tamén unha xornada ao proceso de restauración dunha obra de arte.

  • Destinatarios:
    - Nenos e nenas entre os 5 e os 14 anos organizados en tres grupos de idades diferentes:
    - 1º. De 5 a 8 anos
    - 2º. De 9 a 11 anos
    - 2º. De 12 a 14 anos

Grupos de 15 participantes

  • Duración:
    - Catro días De martes a venres de 10h a 13h ao longo do mes de agosto a razón dun grupo cada semana.
    - Despois de inscritos os interesados, organizaranse os grupos en función da idade.
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra