Venres 24 de xullo, cuarto concerto
do ciclo Sons no Ar-co II

Desta volta actuará a St. James street band,
na Praza da Leña ás dez da noite

Actualizado 22/07/2009 17:00

museo de pontevedra

St James street band nace de levar o jazz á rúa, de dar a coñecer estilos como o dixieland ou “second line”, e que soe outra vez nas rúa a alegre música de baile dos anos 20. Un amplo repertorio con temas frenéticos, e melancólicos, que recrean a situación social da época “felices anos vinte, tristes anos trinta”.

Esta agrupación de talentosos músicos xa se encargou de levar o jazz ás rúas de Pontevedra, Cangas, Nigrán, Lugo, Madrid, A Coruña, Verín, San Fernando de Henares, Porriño, Muros, Pobra do Caramiñal, Carral, Marín, Santiago de Compostela, Ferrol e Meaño, participando en festivais como o IV Festival Visible, o III Festival Galego de Cabaré, traballando activamente coa compañía de teatro Femme Faltale; e tamén participou, baixo o nome de GDjazz Street Band nos festivais de jazz de Pontejazz 2006, 2007 e 2008, Canjazz 2006, 2007 e 2008, Nigrán Jazz 2008 e Meaño Jazz 2008.

COMPOÑENTES

  • Javier “GDjazz” Pereiro: Trompeta
  • Fernando Sánchez: Saxo
  • Óscar Prieto: Tuba
  • Javier Barral: Batería / percusión


PROGRAMA

  • Mahogany Hall Stomp, Spencer Williams
  • Jada, Bob Carlton
  • Monday Date, Earl Hines
  • Sweet Georgia Brown, Ben Bernie
  • Whoppin' Blues, Tradicional
  • St James Infirmary, Tradicional
  • That´s a Plenty, Lew Pollack
  • Bill Baley, Hughie Cannon
  • New Orleans Stomp, Lil Hardin
  • Royal Garden Blues, Williams Bros.
  • On the Sunny Side of the Street, Jimmy McHugh
  • Groovy Mummy, Javier Pereiro
  • Avalon, Al Jolson
  • Mack the Knife, Kurt Weill
  • When The Saints Go Marching In, Tradicional
  • Happy Feet Blues, Wynton Marsalis
  • All of Me, Seymour Simons
  • Chameleon, Herbie Hancock
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra