O xoves 23 de xullo quedou inaugurada a exposición Cabanillas e os artistas galegos do seu tempo

Actualizado 22/07/2009 17:38

museo de pontevedra

A exposición organizada polo Concello de Cambados en colaboración co Museo Provincial de Pontevedra estará aberta ao público ata o 20 de setembro.

Ás oito do serán do 23 de xullo de 2009, no pazo Torrado de Cambados, tivo lugar o acto de inauguración desta mostra, programada dentro das actividades celebradas co gallo do cincuentenario do pasamento do poeta cambadés.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra