O Venres 31 de xullo, celebrouse último concerto do ciclo Sons no Ar-co II

Actualizado 28/07/2009 14:29

museo de pontevedra

Desta volta na Praza da Leña, as dez da noite actuou o grupo Age of Brass, pechando este ciclo de concertos organizados polo Museo de Pontevedra e o Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga.

Age of Brass

Age of Brass é un grupo de novos músicos que decidiron xuntarse para formar este quinteto e dar asi a coñecer este tipo de agrupación, aínda descoñecida para moita xente en Galicia. Realizaron diversos concertos por todo o territorio galego, destacando a actuación na Gala Benéfica del Síndrome de Down, compartindo escenario con Víctor Sánchez, María do Ceo e Freddy Crujer entre outro. Asistiron a cursos de perfeccionamento musical cos trombón, trompeta e trompas solistas da Orquestra Sinfónica de Extremadura.

Estes mozos buscan a creación de obras de compositores galegos para este tipo de formación.

Compoñentes:

  • Alejandro Ruibal: Trompeta/ Fliscorno
  • Andrés Chavete: Trompeta/ Piccolo
  • Manuel Fariña: Trompa
  • Daniel Ruibal: Trombón
  • Alfredo Viceiro: Tuba


Programa

    Parte I

    • - La Perí , Paul Dukas (arr. Wayne Barrington)
    • -Carmen Suite, George Bizet ( arr. Fred Mills)
    • -Locus Iste, Anton Bruckner (arr. Javier Viceiro)
    • -Marcha para la ceremonia de los turcos, J.B. Lully (arr. Javier Viceiro)
    • -Procession of the nobles, N. Rimsky-Korsakov (arr. Javier Viceiro)
    • -Turkish March, L. van Beethoven (arr. A. Frackenpohl)

    Parte II

    • -La petit nègre, Claude Debussy (arr. J. Glenesk Mortimer)
    • -Ahornblatt-Rag, Scott Joplin (arr. Hans Dörner)
    • -Moonlight Serenade, Scott Joplin (arr. T. Muxef)
    • -Four Swiss tunes, Popular (arr. Elgar Howarth)
    • -Rimsky's Rumba, Terence Greaves
    • -Leatherwing Bat, Tradicional American folk song (arr. Budd A. Udell)
    • -Amparito Roca, Jaime Texidor Dalmau (arr. Jay Lichtmann)
    • -Gallito(pasodoble), Santiago Lope( arr. Jay Lichtman)
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra