Inaugurouse a exposición Novos Valores 2009. Obra seleccionada

Actualizado 05/08/2009 09:24

museo de pontevedra

Na sala de exposicións temporais do sexto edificio do Museo de Pontevedra foi inaugurada o mércores, cinco de agosto, ás oito da tarde, a exposición Novos Valores 2009. Obra seleccionada, na que se exhibiron as corenta obras elixidas entre as presentadas ao certame que anualmente convoca a Deputación de Pontevedra.

A exposición permanecerá aberta ata o día trece de setembro, co seguinte horario: de martes a sábados, de 11,00 a 14,00 h e de 17,00 a 22 h durante o mes de agosto e de 11,00 a 14,00 h e de 17,00 a 21,00 h en setembro; os domingos e festivos, de 11,00 a 14,00 h.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra