O Concerto A la luz de los candelabros celebrouse o sábado 8 de agosto

Actualizado 06/08/2009 10:45

museo de pontevedra

O tradicional concerto A la luz de los candelabros, que dende hai cincuenta anos veñen ofrecendo os alumnos dos cursos internacionais de Música en Compostela, que dirixe o profesor Antonio Iglesias, organizado polo Museo de Pontevedra, celebrouse o pasado sábado, día oito, ás oito da tarde, no salón de actos do edificio Fernández López, con entrada libre.

Estivo a cargo, por unha parte, dos alumnos da clase de Viola e Música de Cámara que dirixe o profesor Enrique Santiago, Grace Marín (violín), Pablo Vidal (violín), María Amorós (viola), Carlos Torrijos (violoncelo) e Pedro García López de la Osa (guitarra), e, por outra, do coro Filgueira Valverde, da clase de Polifonía que imparte a profesora María del Carmen Cruz Simó, integrado por Tamara Jerónimo Jerónimo, Nayra Medina González, Argelio Jorge Campos, Almudena López Jal-Ladi, Desirée López Jal-Ladi, Salvador Ortega Jiménez, Marcos de Armas Pérez, Néstor Suárez Alonso, Daniel Rodríguez Lorenzo, Jennifer Villaverde Navarro, María Mercedes Mollard, Beatriz Rodríguez Siberio e Adrián Regueiros García.

Na primeira parte interpretaron o Cuarteto en Re maior para violín, viola, violoncelo e guitarra (Allegro asai, Adagio sostenuto, Scherzo e Rondó), de Rafael Rodríguez Albert (1907-1979), e as composicións corais Oy comamos y bebamos e Todos los bienes del mundo, de Juan del Encina (1468-ca. 1530), Pase el agoa, anónima (ca. 1500), O magnum misterium (Motecta, 1572), de Tomás Luis de Victoria (1540-1611), e Jubilate (ensalada), de Mateo Flecha, o Vello (1480-1553).

O programa da segunda parte incluiu o Cuarteto n.º 1 en Re menor para dous violíns, viola e violoncelo (Allegro, Adagio con expressione, Menuetto e Adagio/Allegretto), de Juan Crisóstomo de Arriaga (1806-1826), e Canto de trilla (de Dos tonadas levantinas, 1955), de Óscar Esplá (1886-1976), e Marinero (canción en tempo de habaneira, 1980), de Miguel Asins Arbó (1916).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra