Ciclo de conferencias cine sobre a Guerra da Independencia no Museo

Actualizado 24/09/2009 10:49

museo de pontevedra

Dende o sábado 26 de setembro ata o domingo 4 de outubro, día no que se clausura a exposición Ciudades en Guerra 1808-1814, e como complemento esta, celebrarase un ciclo de conferencias e cine no salón de actos do sexto edificio do Museo. As conferencias correrán a cargo de Juan Francisco Fuentes Aragonés e Rafael Vallejo Pousada, comisarios da exposición, e terán lugar o luns 28 de setembro e o xoves 1 de outubro respectivamente, ás 20 horas.

Poden descargar o programa completo das proxeccións cinematográficas e as conferencias picando aquí.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra