Unha das orquestras alamanas máis importantes, a Gürzenich Kammerorchester Köln, visita Pontevedra da man da Sociedad Filarmónica.

Actualizado 05/11/2009 08:27

museo de pontevedra

A Gürzenich Kammerorchester Köln é unha das orquestras de primeira liña na escena concertística e operística de Alemaña. A historia da formación comeza en 1857, e conta coa honra de ter estreado pezas que compositores como Brahms e Strauss escribiron para ela.

A Pontevedra chega da man da Sociedade Filarmónica de Pontevedra, que a incluíu na súa programación de temporada. Como director concertino estará Torsten Janicke, mentres que Tom Owen será o solista óboe. O programa que interpretarán conta con pezas de Bach, Mendelssohn, Marcello e Tchaikovski.

Programa:

  • ‘Concerto para violín, óboe, orquestra de corda e baixo continuo en Re menor, BWV 1060’. J.S. Bach.
  • ‘Sinfonía para orquestra de corda nº 8 en Re maior’ (1822). Mendelssohn
  • ‘Concerto para óboe, orquestra de corda e baixo continuo en Re menor, op. 1’. B. Marcello
  • ‘Recordos de Florencia, op. 70’. Tchaikovski
  • Solista: Tom Owen, óboe Director-Concertino: Torsten Janicke

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra