Presentación do libro de Luis Rei, Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades.

Actualizado 05/11/2009 08:41

museo de pontevedra

O xoves 12 de novembro ás 20h, no salón de actos do Sexto Edificio do Museo.

Nesta obra, a partir dun rigoroso traballo de investigación, Luís Rei reconstrúe o longo camiño existencial do poeta Ramón Cabanillas.

Trátase dunha biografía que combina testemuños, documentos e literatura para achegar o lector a unha das figuras que viviu de preto períodos e acontecementos fundamentais de Historia galega do século XX. Das Irmandades da Fala á Ditadura de Franco, da emigración cubana e o movemento agrarista ao galeguismo de posguerra e o mito do poeta da patria. Un relato contado co pulso do narrador e a obxectividade do auténtico cronista.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra