O Museo alberga actividades do VI Encontro Internacional de Pandeiros de Mao

Actualizado 05/11/2009 08:49

museo de pontevedra

Unha conversa con Carlos Nuñez, a master class de pandeiro con Marcos Suzano e o obradoiro Fai o teu pandeiro, terán como sede o Sexto Edificio do Museo, os días 11 e 14 de novembro.

DUF, o Encontro Internacional de Pandeiros de Mao, chega a súa VI edición, na que se da continuidade a una nova etapa iniciada na pasada edición na historia do festival: o equilibrio entre a oferta ao público especializado e o público xeral.

Sen descoidar a programación de actividades para investigadores e músicos – obradoiros para profesionais, presentación de publicacións especializadas…-, o Encontro oriéntase principalmente cara todos os públicos. A meirande parte da súa programación celebrarase nas rúas e prazas de Pontevedra con concertos, o Serán Urbano, feira de artesanía musical, punto de información cunha exposición temática, venda de material bibliográficos e audiovisual, actividades infantís, animación de rúa,…

O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra albergará algunhas das actividades desta sexta edición do DUF, concretamente o mércores 11 de novembro, ás 20 h, no salón de actos terán lugar as conversas con Carlos Núñez sobre a súa investigación musical en Brasil, país protagonista, xunto coa comunidade árabe, do Encontro deste ano 2009.

Ademais o sábado 14 de novembro, entre as 10h e as 14h celebrarase a Master class para músicos, con Marcos Suzano, que tratará da técnica de pandeiro, e o curso de construción de pandeiros.

Para máis información

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra