Obradoiros didácticos

Actualizado 05/11/2009 18:09

museo de pontevedra

PINTA NO MUSEO

Con estes obradoiros didácticos preténdese que os nenos, mozos e adultos se introduzan, sobre todo, na técnica da pintura ao óleo pintando os seus propios lenzos a partir de obras custodiadas no Museo, seleccionadas en función das súas idades e capacidades. Con prazas limitadas, serán os seguintes:

Para nenos, organizados por idades

Martes de novembro (10, 17, 24) e decembro (1, 15), dous obradoiros, de cinco sesións cada un:

  • De 16:30h a 18h, nenos de 5 a 8 anos.
  • De 18h a 19:30h, nenos de 9 a 12 anos

Sábados de novembro e decembro. Tres sábados, de 10:30h a 13h.

  • Días 14, 21, 28 de novembro: nenos de 5 a 8 anos.
  • Días 5, 12, 19 de decembro: nenos de 9 a 12 anos.

Vacacións de nadal. Tres obradoiros de tres días (de 10:30h a 13h). Un por cada grupo de idade.

  • Días 21, 22, 23 de decembro: nenos de 5 a 8 anos.
  • Días 28, 29, 30 de decembro: nenos de 9 a 12 anos.
  • Días 4, 5, 7 de xaneiro: nenos de 13 a 14 anos

Para adultos

Xoves de novembro (12, 19, 26) e decembro (3, 10, 17). Seis xornadas de 17 a 19h.

RECONSTRUÍNDO O PASADO. SIMULACIÓN DE ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA

Con este obradoiro didáctico, tamén con prazas limitadas, preténdese fomentar nos nenos o interese por descubrir o pasado e, en especial, un dos modos de facelo: a escavación arqueolóxica. Os participantes realizarán os diferentes pasos do traballo de campo e de gabinete propios dunha intervención arqueolóxica, desde a recollida do obxecto ata a exposición nunha vitrina coa súa información. Celebrarase nas seguintes datas:

Vacacións de Nadal ( 23, 28, 29. 30 de decembro e 4, 5 de xaneiro). De 10 a 13h. Para nenos de 11 a 14 anos.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra