08/03/2010Inauguración da exposición Muller e arte. A doazón de Mª Victoria de la Fuente ao Museo de Pontevedra.

Actualizado 08/03/2010 10:36

museo de pontevedra

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, no Sexto Edificio do Museo , ás oito do serán, inaugúrase esta mostra na que se exhiben as vinte e catro pinturas da súa autoría, que a artista viguesa, María Victoria de la Fuente, doou a esta institución en dúas etapas, a derradeira o verán pasado. Entre elas algunhas emblemáticas coma dúas das que figuraron na Bienal de Venecia de 1964.

Con esta exposición o Museo de Pontevedra quere, ante todo, recuperar a súa memoria e agradecerlle a súa xenerosidade.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra