Obradoiro de Olaría para nenos

Actualizado 25/03/2010 13:46

museo de pontevedra

A Asociación de Familiares y Amigos de Enfermos Psíquicos de Pontevedra, Alba, articulará un taller de cerámica no Museo de Pontevedra dirixido a nenos.

A actividade titulada Olaría e tradición, é un achegamento á creación cerámica tradicional dende o Museo de Pontevedra, a través de sesións demostrativas e participativas dirixidas a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 5 e 12 anos.

Estas sesións realizaranse en venres consecutivos de 5 a 7 da tarde en instalacións do Museo de Pontevedra, sendo dirixidas e impartidas por monitores da Asociación Alba.

A actividade dará comezo o venres 9 de abril de 2010. Información e inscrición: Realizarase dende o propio museo por vía telefónica e dende a súa páxina Web, picando aquí.

Para inscribirse, o solicitante facilitará os seguintes datos: nome completo, idade e teléfono de contacto. Para así poder encadralo no grupo e data da sesión que lle corresponde.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra