04 e 11/05/2010 Charla-coloquio dirixida por Tino Martínez

Actualizado 28/04/2010 09:17

museo de pontevedra

Como complemento da exposición fotográfica sobre a romaxe dos milagres de amil, os días 4 e 11 de maio, a partir das 18 horas, celebraranse dúas charlas-coloquio dirixidas polo propio fotógrafo que versarán sobre a importancia da fotografía como profesión ao longo dos últimos cincuenta anos, os cambios producidos dende entón, as tendencias temporais, a execución, a presentación, o laboratorio, a ética no traballo, etc.

Esta actividade está dirixida a profesionais, estudantes e amantes da fotografía en xeral. Os interesados en participar deben inscribirse, antes do 4 de maio, na Secretaría do Museo e poden facelo directamente, por teléfono (986 851 455), ou ben por correo electrónico. indicando os seus datos personales (Nome, apelidos, NIF, enderezo,teléfono de contacto).

Expedirase certificado de asistencia.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra