Fallados os Concursos Escolares do Museo

Actualizado 19/05/2010 10:49

museo de pontevedra

O xurado encargado de fallar os premios dos concursos escolares Emilia Estévez Villaverde convocados polo Museo de Pontevedra, presidido por Teresa Pedrosa Silva, vicepresidenta da Deputación e presidenta executiva do Museo, concedeu os premios aos seguintes alumnos:

Na modalidade de narrativa, no primeiro ciclo, obtivo o primeiro premio Lucía Rodríguez Casal, do CEP de Riomaior (Vilaboa), co conto La gatita y sus amigos, e o accésit Ana Casal Calvar, do mesmo colexio, con A princesa encerrada; no segundo ciclo, o premio foi para Laura Varela Graña, do CEIP Carballal - Viñas Brancas, de Marín, con O desatino de Nico, e o accésit para Marcos González Nanín, do CEIP Álvarez Limeses, de Pontevedra, con Camiño entre amigos, e no terceiro ciclo o primeiro premio para Cristina Fernández Silvosa, do CEIP Rosalía de Castro, de Bóveda (Lugo), con Amigos no Camiño, e o accésit para Lucía Fernández García, do CEP de Riomaior.

Na modalidade de poesía, no primeiro ciclo obtivo o primeiro premio Desiré González Eidón, do CEP de Riomaior, cun poema sen título, e o accésit para Alejandro García González, do mesmo colexio, por Bo Camiño; no segundo ciclo, obtivo o primeiro premio Kaoutar Khalafi, do CEP Marcos da Portela, de Monteporreiro, con Camiños, e o accésit Iván González Fraga, do CEIP Carballal, con O noso patio, e no terceiro ciclo o premio foi para Lucía Fernández García, do colexio Riomaior, con Un libro é un amigo, e o accésit para Carla Martínez Martínez, do colexio Marcos da Portela, con Os farois. A entrega dos diplomas acreditativos realizarase no salón de actos do Sexto Edificio do Museo o próximo mércores, día dezanove, ás seis e media da tarde. A viaxe cultural complementaria dos premios á Casa Museo Rosalía de Castro e a Santiago de Compostela realizarase na data que se avisará oportunamente

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra