27 de maio de 2010. Salón de actos do Sexto Edificio ás 20:30h.
27/05/10 Concerto da Clase de Canto do Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra.

Actualizado 20/05/2010 12:24

museo de pontevedra

Poucos lugares, no noso entorno inmediato, serían máis apropiados para acercarse a unha selección de música antiga que o Museo de Pontevedra, berce e alento da Sociedade Coral Polifónica que fixo soar por vez primeira nos anos de 1920 en Galicia aos polifonistas do Renacemento.

O programa deste concerto trae con este ánimo outra volta ao Museo, aos italianos do cinquecento e o seicento, debidamente acompañados de representantes do barroco de España e Alemaña, mesmo pasado este último tamén polo tamiz inglés dun compositor tan cosmopolita como Händel. Con eles, como non podía ser doutro xeito con ocasión desta semana centrada na cultura do País, unha representación dos mestres de capela da catedral compostelá nun dos seus momentos de maior esplendor, baixo o maxisterio de José de Vaquedano.

En definitiva, un programa, coidamos que interesante, co que se dá continuidade á colaboración entre o Museo de Pontevedra e o Departamento de Canto do Conservatorio Manuel Quiroga da cidade, que nesta ocasión se presenta arroupado polo acompañamento de instrumentos de época, da man de membros do Departamento de Música Antiga do mesmo Conservatorio.

Programa do Concerto nol Museo

Jacob Arcadelt (1504/5-1568)

-Il blanco e dolce cigno

Anónimo

-Haec sancto amore saucia. Motete da Catedral de Santiago

Giulio Caccini (1551-1618)

-Dolcissimo sospiro. Le nuove musiche, 1602

Ana García Díaz (Soprano)

Giovanni Bononcini (1670-1747)

-Quando parli

Antía Otero Represas (Soprano)

Juan Hidalgo (1614-1685)

-Trompicávalas amor Concepción R. Fariña (Soprano)

George Frideric Händel (1685-1759) -No se emendera jamas. Cantata Spagnuola a voce sola e chitarra

Ana García Díaz (Soprano)

Juan Cabanilles (1644-1712) -El galán que ronda las calles. Dúo al Santísimo Sacramento

Antía Otero Represas (Soprano)

Ana García Díaz (Soprano)

José de Vaquedano (1642-1711) -Que gira, que vuela. Villancico a 4 voces, 1706

Antía Otero Represas

Ana García Díaz

Concepción R. Fariña

Liliana Ballarín (Sopranos)

Samuel Scheidt (1587-1654)

-Cantus V. De Ludi Musici

Claudio Monteverdi (1567-1643)

-Tempro la cetra

Concepción R. Fariña (Soprano)

Consort de Violas

Ángel Blanco

Sandra Fernández

Alicia Alcayna

Víctor Soto

Arquímedes Artal

Guitarra – Archilaúd – Teorba

Pablo Zapico

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra