O Museo de Pontevedra, galardoado co Premio Pontevedreses 2010

Actualizado 20/05/2010 13:33

museo de pontevedra

O xurado dos Premios Pontevedreses, que otorgan anualmente o Diario de Pontevedra e Caixanova a persoas e entidades da provincia, fallou o pasado 4 de maio os galardóns de 2010.

O Museo de Pontevedra foi galardoado na categoría de Cultura por "ser unha das institucións culturais máis importantes e prestixiosas da historia de Galicia".

Actualmente, o Museo de Pontevedra é o máis grande de España con carácter provincial.

Este premio, en palabras do director da institución, "oblíganos a seguir traballando coa mesma ilusión que sempre, e recibilo neste ano, a punto de rematar o Sexto Edificio, resulta especiamente significativo".

Xunto co Museo, foron otorgados outros catro galardóns en diferentes categorías:

  • Labor Social: Amencer
  • Universidad: Fdez.Areal
  • Empresa:Martín Códax
  • Deporte:Pontevedra CF de 1960
Os galardóns entregaranse o vindeiro día 21 de maio no Liceo Casino de Pontevedra.
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra