01/06/10Interseccións, a ollada de Novoneyra. Concerto de Emilio Cao

Actualizado 25/05/2010 09:24

museo de pontevedra

O día 1 de xuño, martes, ás 20:30 horas no salón de actos do Sexto Edificio do Museo terá lugar a actuación de Emilio Cao, baixo o título de Interseccións, a ollada de Novoneyra. Nela o compositor recolle algúns dos poemas de Novoneyra musicados por el (Amiga, Alba e Delgada, Quen na outra tarde, Cain as follas), que foron rectificados polo propio Novoneyra para a súa gravación, así como outras músicas queridas polo poeta, e outras que ían configurar o seu inconcluso traballo conxunto.

Outra singularidade deste concerto será a participación de Branca Novoneyra (filla do escritor), coreógrafa, que ven de presentar o seu primeiro poemario: Dentro do Labirinto.

Intervirá tamén Carmen Rey, (cantante vinculada dende hai anos aos director de Emilio Cao), e que puxo a súa voz, xunto coa de Ainoa Arteta, á longametraxe De profundis de Miguel Anxo Prado. Tamén ten feito moitas colaboracións con músicos da escena folk (Xosé Manuel Budiño) e do jazz (Baldo Martínez, Clunia Jazz…)

A intervención contará tamén coa presenza do singularísimo pianista Manuel Gutiérrez, compoñente do grupo Sumrra co que xa ten gravados catro traballos (en Free Code Records), e que se presentou ao público no Auditorio de Galicia nos últimos días de xaneiro de 2010, cunha dilatada carreira e diversas colaboracións, entre elas coas artistas galegas Rosa Cedrón e Maite Dono.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra